domingo, 13 de febrero de 2022

DMR 2022: III ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Hoxe é unha data moi especial: RADIOURIZO cumple 3 anos da súa estrea nas ondas (13/02/2019). Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo neste novo proxecto.

Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño. 

Esperamos poder seguir contando coa túa arte por moitos anos, Aurora. GRAZAS de todos os que formamos parte de RADIOURIZO.

Aí vos deixamos o programa deste III ANIVERSARIO, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo. 

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS.

 

- TEMPO DE FESTEXAR - 

LONGA VIDA A RADIOURIZO!
NORABOA AO PROFESORADO E AO ALUMNADO
POLO SEU INESTIMABLE TRABALLO!  IMPOSIBLE SEN VÓS!

 


6 comentarios:

  1. Moitas gracias a ti, Mónica, por facer esto posible

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O voso traballo e o do voso alumnado é o que mantén RadiOurizo en pé! GRAZAS, M. Carmen.

      Eliminar
  2. Moi bo traballo!! Noraboa a todos os que o fixestes posible.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Incluída ti, Pili! Os teus ripios non podían faltar. Xa uns clásicos de RadiOurizo! Parabéns e GRAZAS!

      Eliminar
  3. Parabéns polos tres anos de Radiourizo!!! Bo traballo!!!

    ResponderEliminar