sábado, 13 de febrero de 2021

DMR 2021: II ANIVERSARIO DE RADIOURIZO.

Ola de novo, RADIO OÍNTES!

Pois sí. Coma quen non quere a cousa, chegamos ao II Aniversario da estrea de RADIOURIZO nas ondas.

O tempo pasa, pero a ilusión segue sendo a mesma do primeiro día. 

Este programa especial, estivo, ao igual que o do 13 de febreiro do 2019, cargado de emoción e nervios a partes iguais. Porque cada podcast preparado leva estes indispensables ingredientes xunto cunha boa chea de traballo por parte do profesorado e do alumnado. 

Neste especial poderedes escoitar:

  • UN AGASALLO MOI ESPECIAL: A sentida felicitación de AURORA VARELA, a nosa querida escritora ferrolá que ano tras ano nos acompaña.
  • UN CONTO PEQUENIÑO: A profe PILI deixa aparcados por un intre os seus ripios para deleitarnos cun pequeno conto moi xeitoso no que colaboran pequenos de 1º de EP.
  • CÁMBIACHE O CONTO: Dende SECUNDARIA fannos unha recomendación literaria moi interesante e anímannos a seguir participando das lecturas que nos ofrece BIBLIOURIZO.
  • LENDAS NO CAMIÑO: Meténdonos de cheo no proxecto do centro "A Jorge no Camiño Inglés", a rapazada de 4º de EP cóntanos unhas curiosas lendas do Camiño de Santiago.
  • NO ES GIMNASIA: Da man do alumnado de 6º de EP, uns consellos acerca de hábitos de vida saudable.

Dar as grazas a tod@s pola súa inestimable colaboración e unha mención especial aos TÉCNICOS de 6º de EP dos que non se nota a súa presenza pero que fixeron unha marabillosa labor.

PARABÉNS NO TEU II ANIVERSARIO, RADIOURIZO! 🎂🎂

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021 - PNO!

Ola a tod@s!

Hoxe é un gran día: o Día Mundial da Radio 2021

A xente de PONTE NAS...ONDAS! convidounos a participar no seu especial do 13 de febreiro cunha pequena cuña de presentación da nosa radio. Foron moitas as radios escolares que se sumaron a esta iniciativa e sentímonos moi orgullosos de formar parte dela. Grazas, PNO!

Pinchando no seguinte enlace poderedes desfrutar do traballo das nosas radios escolares amigas (Galiza & Portugal) ás que lles damos a nosa felicitación polos seus magníficos podcasts:

Escolas nas Ondas | Punto de encontro para os podcasts e o audiovisual de Galicia e a Lusofonía 

A continuación, deixámosvos o podcast para que vexades o ben que o fixo A NOSA RAPAZADA. Non se pode facer radio con máis ilusión! Moi agradecidos a tod@s dende RadiOurizo.

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021 - PNO.