jueves, 31 de enero de 2019

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS EN RADIOURIZO!

Sí, sí...xa estamos en marcha! Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EI encargáronse de facer os honores en RADIOURIZO. Fixeron a primeira gravación. E sabedes con que se estrearon? Cos efectos de son que empregaremos nos nosos futuros programas. E fixérono estupendamente.


SODES UNS FENÓMENOS! NORABOA!!


UN PEQUENO AVANCE... 
 

miércoles, 30 de enero de 2019

CONECTADOS CON CANOSA ONDA!

Hoxe, mércores, día 30 de xaneiro, tivemos o enorme pracer de visitar o CEIP CANOSA-RUS (Coristanco) para coñecer de cerca o seu traballo coa RADIO NA BIBLIO: CANOSA ONDA. Foi impresionante ver de cerca como os alumnos e alumnas de Primaria se desenvolvían na gravación dun programa de radio. Deixáronnos coa boca aberta: investigación, organización, autonomía, seguridade ante os micros... E todo con moitísimo entusiasmo! Eran dignas de ver as caras de orgullo dos mestres e mestras que en todo momento deixaban o protagonismo aos seus alumnos e alumnas. 

Grazas, CANOSA-RUS! E grazas, Chelo por darnos esta oportunidade de aprender ON AIR.


LEOTECA <--> BIBLIOURIZO
CANOSA ONDA <--> RADIOURIZO

UN TRABALLO DE 10!


miércoles, 23 de enero de 2019

ACONDICIONANDO ESPAZOS.


Non descansamos nin un minuto! Xa vedes que tampouco descoidamos o espazo destinado a RADIOURIZO. Sen présa pero sen pausa imos poñendo todo a punto para a nosa radio escolar. 


CANDO SE ABRIRÁ ESA PORTA? XA FALTA MENOS...

domingo, 20 de enero de 2019

OURI NA RADIO!

ATENCIÓN , ATENCIÓN!

Victoria Valentina de Freitas Moreira, alumna de 4º de EP, foi a encargada de deseñar o logo de RADIOURIZO. Non esqueceu nin un só detalle!

IMPRESIONANTE, VICTORIA! MOITAS GRAZAS!


sábado, 19 de enero de 2019

PASIÑO A PASIÑO...

MOI BOAS A TOD@S!

Pouco a pouco imos encamiñando este emocionante proxecto. Seguiremos ensinándovos todos os nosos progresos.

RADIOURIZO MOLA!



 

jueves, 10 de enero de 2019

UN OBRADOIRO DE 10!

BOA TARDE A TOD@S! 

Non se pode comezar unha nova actividade mellor! RADIOURIZO xa se sente... Grazas, Xerardo e Damián!! de Ponte...nas Ondas! Agardámosvos pronto...


QUEDA MENOS...