lunes, 24 de mayo de 2021

ELI E VALLE: CON LA MIEL EN LOS LABIOS.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Dende RADIOURIZO temos para vós un momento moi especial. Eli e Valle, alumnas de 4º de EP, pasaron pola radio para ofrecernos unha fermosa interpretación do tema "Con la miel en los labios" de AITANA.

Non deixedes de escoitalas! Dozura 100%!!

ELI E VALLE: VÓS, SÍ QUE VALEDES! 🔝
PARABÉNS, RAPAZAS! 👌
RADIOURIZO APOIANDO Á XENTIÑA EMPRENDEDORA 💪

lunes, 17 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.

Bo día, OURIZOSEGUIDORES!

De verdade pensabades que non iamos facer nada de nada no Día das Letras Galegas? Pois fixemos, nin máis nin menos, que 2 podcast! Sí, sí, oíchedes ben: 2 podcast. 

A rapazada de 5º de EP  e a de 4º da ESO pasou por RADIOURIZO para elaborar, cada un dos grupos, un programa adicado a Xela Arias. E aínda é máis: ambos cursos participan cos seus incríbles podcast no... 

 
III Premios Internacionais de Podcast
 Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»
 
 
Sabemos que estades ansiosos por escotar o que fixeron pero toca agardar un pouco. Seguide atentos ao momento da publicación de ambos podcast!! 

Agradecer á profe Pili o fermoso cartel que preparou para RADIOURIZO nunha data tan sinalada: Xela, ourizoseguidora.

 🎧 XELA ARIAS 🎤
😊 ASÍ SE FAI! 5º EP & 4º DA ESO
💪 ÉXITO ASEGURADO! 💣💣
GRAZAS, PILI! 💙
 

sábado, 15 de mayo de 2021

I CONCURSO NACIONAL DE PODCAST ESCOLAR RNE - 1º EP.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Seguimos á espera da resolución do I Concurso Nacional de Podcast de Radio Nacional de España no que participan os máis pequenos de EP da Jorge que coñeceremos a partires do 1 de xuño.

Dende RADIOURIZO deixámosvos os enlaces para que vexades o traballo co que se presentan e todo o proceso para a elaboración deste.

SORTE, RAPAZADA! 🍀
PIENSA QUE YA FALTA MENOS 💚
 
 
 

miércoles, 5 de mayo de 2021

ENTREVISTA A MARIÁN FERREIRO, ALCALDESA DE NARÓN.

Hoxe tivemos o pracer de recibir á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no cole. Aproveitamos para convidala a visitar RADIOURIZO onde lle fixemos unha pequena entrevista. Paula (2º EP) foi a encargada de facerlle unhas interesantes preguntas.

Queredes saber que nos contou? Pois escoitade, escoitade...

GRAZAS, MARIÁN! 😊
PAULA, UNHA PEQUENA MOI GRANDE 👌

lunes, 3 de mayo de 2021

CAMIÑO INGLÉS - ETAPA 1 - 3&4 EP.

Aquí estamos de novo, OURIZOSEGUIDORES!

A rapazada de 3º e 4º de EP achegouse a RADIOURIZO para "poñernos ao día" na  1ª etapa do CAMIÑO INGLÉS.

Non deixedes de escoitar nin un chisco deste interesante podcast no que investigaron a fondo todo o que deberiamos ter en conta neste percorrido.

👣 O CAMIÑO DE SANTIAGO: CAMIÑO INGLÉS 👣
😊 ASÍ SE FAI! 3º & 4º DE EP