domingo, 13 de febrero de 2022

DMR 2022: III ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Hoxe é unha data moi especial: RADIOURIZO cumple 3 anos da súa estrea nas ondas (13/02/2019). Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo neste novo proxecto.

Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño. 

Esperamos poder seguir contando coa túa arte por moitos anos, Aurora. GRAZAS de todos os que formamos parte de RADIOURIZO.

Aí vos deixamos o programa deste III ANIVERSARIO, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo. 

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS.

 

- TEMPO DE FESTEXAR - 

LONGA VIDA A RADIOURIZO!
NORABOA AO PROFESORADO E AO ALUMNADO
POLO SEU INESTIMABLE TRABALLO!  IMPOSIBLE SEN VÓS!

 


DMR 2022: PONTE NAS...ONDAS!

Unímonos á proposta dos compañeiros de Ponte... nas Ondas! de celebración conxunta do Día Mundial da Radio 2022. Con eles levamos compartindo esta data ano tras ano dende os noso inicios. Grazas, compañeiros!

Os pequenos e pequenas de 1º de EP conmemoran o DMR 2022 cunha ladaíña que de seguro coñeceredes, OURIZOSEGUIDORES


- TEMPO DE COMPARTIR - 

BO TRABALLO, RAPAZADA!