sábado, 15 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO EN RADIOURIZO.

Aquí vos vai o programa do DÍA MUNDIAL DA RADIO 2020.

Un gran traballo por parte de todos e todas. Un ano despois, RADIORUIZO segue activo e esperemos que por moito tempo. 

Tocan os AGRADECEMENTOS por estricta orde de aparición:

Aos nenos e nenas de 1º de EP, así como á SUPERPROFE Pili Viña polos seus RIPIOS, á INCRÍBLE escritora ferrolá Aurora Varela polas súas FERMOSAS VERBAS e á SEMPREIMPLICADA profe Sonia

Aos peques de 3 anos e á súa mestra MARTA.

Aos nenos e nenas de 2º de EP e á súa titora BETTINA.

Aos alumnos e alumnas de 3º de EP e á súa mestra LAURA.

Ao alumnado de 4º de EP e á súa titora MARÍA.

Aos nenos e nenas de 5º de EP e á profe EVA e ao seu titor FRAN.

Ao alumnado de 4º da ESO, á súa titora ANA e á dire MARÍA JOSÉ.

Á profe TERE, que está a piques de rematar o seu agasallo polo noso aniversario: unha fermosa porta.

Aos profes que cederon gustos@s parte do tempo das súas materias ou que facilitaron o desenvolvemento desta actividade, deixando paso ao aprender dun xeito diferente.

A aquel@s alumn@s e profes aos que lles gustaría ter participado neste día pero que por falta de tempo farano noutra data sinalada.

A LUÍS e a RAQUEL por soportar con paciencia as molestias ocasionadas en tantos momentos pola xente de RADIOURIZO.

Aos OURIZOSEGUIDORES, pois este traballo vai para vós con todo o noso cariño e sen vós non tería tanto sentido.

Esperamos non olvidar a ninguén, pero se é así, pedimos desculpas. Xa vedes que a lista de agradecementos é tan longa que é complicado non errar.

GRAZAS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

Sen máis, deixámosvos o programa minutado para que poidades ir directos á sección que máis vos guste sempre que así o desexedes:

1º EP - 00:37 / EI 3 ANOS - 05:45 / 2º EP - 08:40 / 3º EP - 12:13 / 
4º EP - 16:00 / 5º EP - 22:18 / 4º ESO - 32:20 


#IMPOSIBLESENANAESONIA 💓
#PILIMOLA 👍
#GRANDEAURORA 👌
#PROFESCONVOCACIÓN 👏
#DIRESEMPREIMPLICADA 10
#XENTECONARTE 👆
#RADIOURIZOPORMOITOTEMPO 😉
#SEMPREOURIZOSEGUIDORES 💚


viernes, 14 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO: AURORA VARELA.

Pois sí, OURIZOSEGUIDORES:

Un gran día para unha entregada comunidade educativa. 

Hoxe tivemos unha intensa xornada de xentiña indo e vindo de RADIOURIZO. Con algún nervio menos que fai un ano, pero coa mesma emoción. Estamos rematando de cociñar o programa pero, non desesperedes que en breve volo faremos chegar.

Xa vamos adiantando o noso 
agradecemento a todos e todas 
os que fixéchedes posible este día
especialmente a AURORA VARELA, a nosa invitada estelar que xa nos acompañou na estrea alá polo 2019. 


#INCRÍBLEAURORA 😚
#SEMPREAGRADECIDOS 💚
#BOAXENTE 👌👌👌

NON DESESPEREDES... PROGRAMA AO CAER!!!




miércoles, 12 de febrero de 2020

I ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Estimados OURIZOSEGUIDORES:

 O próximo xoves, día 13 de febreiro, cumprirase un ano da estrea de RADIOURIZO nas ondas. Teremos un programa especial, así que estade atentos ao que o alumnado da Jorge está a preparar. 

Pero non podiamos festexar esta data sen lembrar aos nosos padriños de PONTE NAS ONDAS. Mañá fará un ano da retransmisión conxunta en directo de SALCEDA DE CASELAS e a JORGE JUAN DE XUVIA. Unha experiencia inolvidable. Grazas, compañeiros!


#SEMPRENONOSOCORAZÓN 💕
#UNIDOSPOLASONDAS ⇆
#ARADIOMOLA 💣


domingo, 9 de febrero de 2020

A JORGE NO CAMIÑO.

Moi boas, OURIZOSEGUIDORES!

Nesta ocasión deixámosvos unha entrevista realizada por alumnos da ESO na que o profe Iván nos pon ao día de como o alumnado de Secundaria está a desfrutar percorrendo o Camiño de Santiago Inglés por etapas

 

#EXPERIENCIASINCRÍBLES 😊
#RADIOURIZONOCAMIÑO 💪