lunes, 7 de junio de 2021

PARQUE BIOSAUDABLE - CÓDIGOS QR: UN GRAN PROXECTO!

Chegou o día, OURIZOSEGUIDORES!

Aí vos queda tooodooo o traballo realizado polo alumnado de 6º de EP, que non é pouco! Un proxecto ambicioso cun produto social final, códigos QR instalados no parque biosaudable de Xuvia, e un animado podcast onde explican o desenvolvemento do proceso. Coma sempre, RADIOURIZO dá visibilidade a unha de tantas experiencias levadas a cabo nas aulas.  

Ademáis, contaron coa valiosa colaboración de alumnado da ESO que lles botou un cable con iso do multilingüismo. Grazas, compañeir@s!

Mañá, 8 de xuño, en RadioVoz (105.4 FM) ou en radiovoz.es (Ferrol) desfrutaremos dunha pequena entrevista a xentiña de 6º de EP para dar a coñecer nos medios o proxecto desta rapazada e o bo traballo que se fai na nosa radio escolar. Poderedes escoitalos entre as 11:00 e 11:15 en riguroso directo!!

 💗 6º DE EP: BO TRABALLO!! ✅
👌 ESO MULTILINGÜE 👏
 🌈 XENTE CON PROPÓSITO 🔝 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario