BENVIDOS A TOD@S!
Aquí comeza a nosa andadura no mundo da RADIO.
Arrincamos coa RADIO NA BIBLIO tratando de promover as aprendizaxes vencelladas á expresión oral, á lectura, á redacción e á creatividade. Ao mesmo tempo, pretendemos a participación activa do alumnado dende o exercicio da convivencia e o respecto que supón traballar en equipo. Ademais, o traballo coa radio permitá o acceso ao pluralismo que brinda o traballo con diferentes mensaxes.
Falar da radio na aula supón falar de competencia lingüística, dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e do espírito emprendedor, dende unha aprendizaxe integrada.
Pouco a pouco iremos amosándovos os nosos avances no mundo radiofónico.
Esperando que esta nova proposta sexa do agrado de tod@s...
AQUÍ COMEZA RADIOURIZO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario