Ola de novo!
Aquí vos deixamos o segundo programa da rapazada de 1º de EP: TEDES QUE VELA!
Nesta ocasión a recomendación é: PINOCHO.
OURIZOSEGUIDORES, estes pequenos deséxanvos un novo intre DE PELÍCULA en familia!
TEDES QUE VELA!: PINOCHO.
Ola de novo!
Aquí vos deixamos o segundo programa da rapazada de 1º de EP: TEDES QUE VELA!
Nesta ocasión a recomendación é: PINOCHO.
OURIZOSEGUIDORES, estes pequenos deséxanvos un novo intre DE PELÍCULA en familia!
TEDES QUE VELA!: PINOCHO.
Ola a tod@s!
Hoxe achegámosvos a RADIOURIZO un novo programa dos pequenos e pequenas de 1º de EP: TEDES QUE VELA! Un programa semanal no que esta rapazada recomendaranos unha película das de sempre e para sempre. Pelis para desfrutar en familia unha e outra vez.
Nesta ocasión a recomendación é: O REI LEÓN.
OURIZOSEGUIDORES, esperamos que vos animedes a pasar un intre DE PELÍCULA en familia!
TEDES QUE VELA!: O REI LEÓN.
Xa estamos de volta, OURIZOSEGUIDORES!
Custou un pouquiño pero aquí nos tedes. A situación que estamos a pasar complicou algo as cousas pero RADIOURIZO pode con todo e xa está en camiño.
Nunca mellor dito! Porque o noso primeiro programa, levado a cabo por profes, neste curso 2020-2021 é o punto de partida para dar a coñecer o proxecto no que imos a traballar: O CAMIÑO DE SANTIAGO.
Concretamente centrarémonos no CAMIÑO INGLÉS. Estará presente no desenvolvemento das actividades das nosas iniciativas: VOZ NATURA, BIBLIOURIZO, RADIOURIZO, PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO, CARDIOESCOLAS E UN PATIO DE SORRISOS.
Esperamos que sexa do voso agrado. Acompañádesnos nesta viaxe a Compostela?
PASIÑO A PASIÑO: A JORGE NO CAMIÑO INGLÉS.