martes, 23 de mayo de 2023

LECTURA POLAS LETRAS: 1º EP

Bo día, OURIZOSEGUIDORES!

É a quenda da rapazada de 1º de EP. Para conmemorar o día das Letras Galegas´23 unha bonita lectura: "Os petos de Loreto" de Quentin Blake. Bo traballo, nenas e nenos!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊

domingo, 21 de mayo de 2023

LECTURA POLAS LETRAS: 2º EP

Boa tarde, OURIZOSEGUIDORES!

Hoxe toca achegarvos un traballo para conmemorar o día das Letras Galegas´23. A rapazada de 2º de EP preparou unha lectura moi feitiña: "Nicomedes, o pelado" de Pinto & Chinto. Ben feito, nenas e nenos!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊

miércoles, 3 de mayo de 2023

F1 - TEMPADA 2023 (III)

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Nova entrega, da man da rapazada de 6º de EP, de F1 en RADIOURIZO!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊

 

martes, 2 de mayo de 2023

SHOW YOUR TALENT 2023

Bo día, OURIZOSEGUIDORES!

A rapazada de 6º de EP fainos un resumo do que foi a gala SHOW YOUR TALENT 2023 celebrada no salón de actos do centro o día 30 de marzo. Talento na Jorge non falta!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊

 


sábado, 8 de abril de 2023

F1 - TEMPADA 2023 (II)

Bo día, OURIZOSEGUIDORES!

Nova entrega da F1 en RADIOURIZO! A rapazada de 6º de EP está que non para!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊

miércoles, 15 de marzo de 2023

F1 - TEMPADA 2023 (I)

Atentos, OURIZOSEGUIDORES!

Xa está de volta a F1 en RADIOURIZO! Non perdades as últimas novidades da man da rapazada de 6º de EP!

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊 

 

jueves, 9 de febrero de 2023

DMR 2023: IV ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO

Unha data moi especial merece un programa especial.

O próximo 13 de febreiro, RADIOURIZO cumple 4 anos da súa estrea nas ondas. Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo naquel novo proxecto. 

Unha vez máis, unímonos á proposta dos compañeiros de Ponte... nas Ondas! de celebración conxunta do Día Mundial da Radio 2023. Con eles levamos compartindo esta data ano tras ano dende os noso inicios. Grazas, compañeiros! 

Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño.

No especial IV aniversario, poderedes desfrutar das seguintes seccións:

    - 1º de EP: Homenaxe a PONTE...NAS ONDAS! (Ripios da profe Pili).
    - AURORA VARELA: Parabéns a RadiOurizo.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 3º de EP: As pitas baixo a choiva.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 4º de EI: O polo Pepe.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 6º de EI: Universo.
 
Aí vos deixamos o programa DMR 2023, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo. 

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS 
E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS. 
 
NORABOA AO PROFESORADO E AO ALUMNADO
POLO SEU INESTIMABLE TRABALLO! 
 

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊