sábado, 27 de junio de 2020

ISTO É TODO, AMIG@S!

Querid@s OURIZOSEGUIDORES:

Ata aquí o que deu de si o curso 2019/2020. Un curso atípico que queremos rematar cunha canción adicada a tod@s @s que levades un cachiño da Jorge de Xuvia no voso corazón. Unha despedida diferente para un final de curso diferente. De nós para vós. Grazas, RADIOURIZO por facilitarnos os medios necesarios para a gravación desta emotiva canción na voz de Patricia Rodríguez Rico (a impresionante soprano profe de música da ESO) que servíu de inspiración para elaborar o vídeo de DESPEDIDA de todo o persoal da Jorge. 

 Desfrutade do verán, ourizoseguidores!


#PATRICIAÉAVOZ 🙌
#ESTAMOSPORVÓS 💙 💛
#UNCLAUSTROCONGANCHO 💣
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

#RADIOURIZOFOREVER 💝

domingo, 14 de junio de 2020

NA JORGE TAMÉN HAI SÚPERLECTOR@S!

Atentos, OURIZOSEGUIDORES!

Non queremos deixar pasar a ocasión de ofrecervos esta súperlectura dun poema que nos fai GRECIA VILAS GRUEIRO, alumna de 1º da ESO do noso centro, que tamén participou dende a súa casa no concurso "UN POEMA NA TÚA VOZ" convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para celebrar o "Día Internacional Do Libro Infantil 2020".


POEMARIO: Cidades.
AUTOR: Fran Alonso.
LECTORA: Grecia Vilas Grueiro (1º ESO).

IMPRESIONANTE, GRECIA!! 👏 👏 👏


#SÚPERLECTORES 📘
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

martes, 2 de junio de 2020

UN POEMA NA TÚA VOZ - GÁLIX.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Informámosvos dun novo éxito entre a xente da Jorge!
PAULA PÉREZ DÍAZ, alumna de 1º de EP do noso centro, finalista do concurso "UN POEMA NA TÚA VOZ" convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para celebrar o "Día Internacional Do Libro Infantil 2020".


POEMA: Polbo.
POEMARIO:Acuario.
AUTORA: María Canosa.
EDITORIAL: Edicións EMBORA.
LECTORA: Paula Pérez Díaz (1º EP).



NORABOA, PAULA!!
TODO UN ÉXITO!! 👏 👏 👏

#PRIMEIROSEGRANDESLECTORES 📘
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆