miércoles, 13 de febrero de 2019

RIGUROSO DIRECTO...E CON SUPERÉXITO!

Hoxe toca repartir Matrículas de Honor...

- A todo o ALUMNADO da Jorge de Xuvia.
- A todas as PERSOAS INVITADAS a RADIOURIZO.
- A todo o CLAUSTRO e PERSOAL NON  DOCENTE do cole.
- E como non, a Xerardo e a Pedro (PONTE...NAS ONDAS) que tanta paciencia tiveron con este grupo de intrépidos principiantes.

Grazas a tod@s por un día cheo de MAXIA.


IMPRESIONANTE!

ÉXITO  DE RADIOURIZO NO DÍA MUNDIAL DA RADIO!!

XA ESTAMOS PARA OUTRA!!! 

Aquí podedes ver o que estivemos a facer o 13/02/2019...


martes, 12 de febrero de 2019

ON AIR.

E xa está todo preparado para o gran día. Os compañeiros de PONTE...NAS ONDAS remataron os últimos detalles.


ESTREA DE RADIOURIZO!
PROGRAMA EN DIRECTO!

NERRRRRVIOS!!!

domingo, 10 de febrero de 2019

CONTA ATRÁS...

O vindeiro mércores, día 13 de febreiro, e para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO, emitiremos en directo da man dos compañeiros e formadores de "PONTE...NAS ONDAS".

Podédesnos seguir en www.escolasnasondas.com

Compartiremos o directo co IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas dende as 10:00 ata as 14:00h.


A ESTREA DE RADIOURIZO NON PODÍA SER MÁIS AO GRANDE!


lunes, 4 de febrero de 2019

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS EN RADIOURIZO.

Os alumnos e alumnas de 4º de EI pasaron hoxe por RADIOURIZO para dar boa conta da calidade do equipo e tiveron a oportunidade de experimentar un pouquiño co son.


PROBANDO, PROBANDO...



5º DE PRIMARIA ELABORA O LEMA.

O alumnado de 5º de EP foi o encargado de pensar un lema para RADIOURIZO. Como podedes ver, directo e claro. Non hai máis que engadir.


GRAZAS A TOD@S! UN SLOGAN CON GANCHO!
 

sábado, 2 de febrero de 2019

DEBIDAMENTE IDENTIFICADOS.

O proceso continúa... E, como non, os alumnos e alumnas que compoñen o Grupo Motor de RADIOURIZO deben estar debidamente identificados. 


PREPARANDO ACREDITACIÓNS!