Bo día, OURIZOSEGUIDORES!
De verdade pensabades que non iamos facer nada de nada no Día das Letras Galegas? Pois fixemos, nin máis nin menos, que 2 podcast! Sí, sí, oíchedes ben: 2 podcast.
A rapazada de 5º de EP e a de 4º da ESO pasou por RADIOURIZO para elaborar, cada un dos grupos, un programa adicado a Xela Arias. E aínda é máis: ambos cursos participan cos seus incríbles podcast no...
III Premios Internacionais de Podcast
Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»
Sabemos que estades ansiosos por escotar o que fixeron pero toca agardar un pouco. Seguide atentos ao momento da publicación de ambos podcast!!
Agradecer á profe Pili o fermoso cartel que preparou para RADIOURIZO nunha data tan sinalada: Xela, ourizoseguidora.
🎧 XELA ARIAS 🎤
😊 ASÍ SE FAI! 5º EP & 4º DA ESO ✅
💪 ÉXITO ASEGURADO! 💣💣
GRAZAS, PILI! 💙