lunes, 14 de diciembre de 2020

TEDES QUE VELA! - 2

Ola de novo!

Aquí vos deixamos o segundo programa da rapazada de 1º de EP: TEDES QUE VELA!

Nesta ocasión a recomendación é: PINOCHO.

OURIZOSEGUIDORES, estes pequenos deséxanvos un novo intre DE PELÍCULA en familia!

TEDES QUE VELA!: PINOCHO.

martes, 1 de diciembre de 2020

TEDES QUE VELA! - 1

Ola a tod@s!

Hoxe achegámosvos a RADIOURIZO un novo programa dos pequenos e pequenas de 1º de EP: TEDES QUE VELA! Un programa semanal no que esta rapazada recomendaranos unha película das de sempre e para sempre. Pelis para desfrutar en familia unha e outra vez. 

Nesta ocasión a recomendación é: O REI LEÓN.

OURIZOSEGUIDORES, esperamos que vos animedes a pasar un intre DE PELÍCULA en familia!

TEDES QUE VELA!: O REI LEÓN.


sábado, 28 de noviembre de 2020

PASIÑO A PASIÑO: A JORGE NO CAMIÑO INGLÉS.

Xa estamos de volta, OURIZOSEGUIDORES!

Custou un pouquiño pero aquí nos tedes. A situación que estamos a pasar complicou algo as cousas pero RADIOURIZO pode con todo e xa está en camiño

Nunca mellor dito! Porque o noso primeiro programa, levado a cabo por profes, neste curso 2020-2021 é o punto de partida para dar a coñecer o proxecto no que imos a traballar: O CAMIÑO DE SANTIAGO. 

Concretamente centrarémonos no CAMIÑO INGLÉS. Estará presente no desenvolvemento das actividades das nosas iniciativas: VOZ NATURA, BIBLIOURIZO, RADIOURIZO, PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO, CARDIOESCOLAS E UN PATIO DE SORRISOS.

Esperamos que sexa do voso agrado. Acompañádesnos nesta viaxe a Compostela?

 

PASIÑO A PASIÑO: A JORGE NO CAMIÑO INGLÉS.

 


 

sábado, 27 de junio de 2020

ISTO É TODO, AMIG@S!

Querid@s OURIZOSEGUIDORES:

Ata aquí o que deu de si o curso 2019/2020. Un curso atípico que queremos rematar cunha canción adicada a tod@s @s que levades un cachiño da Jorge de Xuvia no voso corazón. Unha despedida diferente para un final de curso diferente. De nós para vós. Grazas, RADIOURIZO por facilitarnos os medios necesarios para a gravación desta emotiva canción na voz de Patricia Rodríguez Rico (a impresionante soprano profe de música da ESO) que servíu de inspiración para elaborar o vídeo de DESPEDIDA de todo o persoal da Jorge. 

 Desfrutade do verán, ourizoseguidores!


#PATRICIAÉAVOZ 🙌
#ESTAMOSPORVÓS 💙 💛
#UNCLAUSTROCONGANCHO 💣
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

#RADIOURIZOFOREVER 💝

domingo, 14 de junio de 2020

NA JORGE TAMÉN HAI SÚPERLECTOR@S!

Atentos, OURIZOSEGUIDORES!

Non queremos deixar pasar a ocasión de ofrecervos esta súperlectura dun poema que nos fai GRECIA VILAS GRUEIRO, alumna de 1º da ESO do noso centro, que tamén participou dende a súa casa no concurso "UN POEMA NA TÚA VOZ" convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para celebrar o "Día Internacional Do Libro Infantil 2020".


POEMARIO: Cidades.
AUTOR: Fran Alonso.
LECTORA: Grecia Vilas Grueiro (1º ESO).

IMPRESIONANTE, GRECIA!! 👏 👏 👏


#SÚPERLECTORES 📘
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

martes, 2 de junio de 2020

UN POEMA NA TÚA VOZ - GÁLIX.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Informámosvos dun novo éxito entre a xente da Jorge!
PAULA PÉREZ DÍAZ, alumna de 1º de EP do noso centro, finalista do concurso "UN POEMA NA TÚA VOZ" convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para celebrar o "Día Internacional Do Libro Infantil 2020".


POEMA: Polbo.
POEMARIO:Acuario.
AUTORA: María Canosa.
EDITORIAL: Edicións EMBORA.
LECTORA: Paula Pérez Díaz (1º EP).



NORABOA, PAULA!!
TODO UN ÉXITO!! 👏 👏 👏

#PRIMEIROSEGRANDESLECTORES 📘
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

sábado, 16 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Moi boas OURIZOSEGUIDORES!

A rapazada de 3º de EP participa hoxe en RADIOURIZO para poñernos ao día na biografía e nun dos textos do escritor homenaxeado este ano no DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Ricardo Carvalho Calero.

Atentos a este bonito podcast que nos achegaran estes rapaces e rapazas.


3º EP... BO TRABALLO!!

#DÍADASLETRASGALEGAS 👀
#RICARDOCARVALHOCALERO 📘
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆
#XAQUEDAMENOS 👏

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

Ola OURIZOSEGUIDORES!

SORPRESA! Ahí vos vai algo que os peques de 4 anos deixaron gravado para RADIOURIZO antes do confinamento e que tivemos á espera dunha data á altura do seu traballo. No DÍA MUNDIAL DO LIBRO, un divertido poema: "La niña y la caracola" de Gloria Fuertes.


#DÍAMUNDIALDOLIBRO 👀
#ESTESPEQUESMOLAN! 😊
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💞
#XENTECONARTE 👆
#XAQUEDAMENOS 👏

domingo, 19 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO...NA CASA.

Ola! Tod@s ben? Esperamos que si!

O programa de hoxe de RADIOURIZO vai adicado á SEMANA DO LIBRO. Como ben sabedes, o próximo día 23 de abril celébrase o Día Mundial Do Libro e os pequenos de 1º de EP quixeron festexalo preparando un conto clásico para tod@s vós coa intención tamén de que pasedes estes días de confinamento un pouco máis entretidos. Fixeron un gran traballo! Agora o poderedes comprobar vós mesmos.


1º EP... IMPRESIONANTES!!

#DÍAMUNDIALDOLIBRO 👀
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆
#XAQUEDAMENOS 👏
#QUEDADENACASA ✋

sábado, 28 de marzo de 2020

QUEDADE NA CASA.

Nestes días difíciles que estamos tod@s a vivir, non podía faltar en RADIOURIZO unha mensaxe de ánimo, pensada co corazón, da xente do CPR. Jorge Juan  para a súa gran familia que sodes vós.

 #QUEDADENACASA ✋
#VOLVEREMOSXUNTARNOS →←
#ROMPEREMOSADISTANCIA 💥
# XENTECONARTE 👆

domingo, 1 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA.

Ola OURIZOSEGUIDORES!

Os pequenos e pequenas de 6º de EI (5 anos) pasaron por RADIOURIZO para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA que se celebrou o pasado día 24 de febreiro. Recitáronnos o seu fermoso poema "NEGRA SOMBRA" e deixáronnos abraiados coa súa arte.


NORABOA Á PROFE CHARO E AOS SEUS PEQUENOS!

#SEMPREROSALÍA 💙
#XENTECONARTE 👆



ESTREAMOS PORTA!

Velaí tedes a nova porta de RADIOURIZO. Unha fermosura deseñada pola profe TERE e pintada por alumnos e alumnas moi colaboradores. 


GRAZAS A TOD@S!



#OMELLORAGASALLO 👌
#XENTECONARTE 👆



sábado, 15 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO EN RADIOURIZO.

Aquí vos vai o programa do DÍA MUNDIAL DA RADIO 2020.

Un gran traballo por parte de todos e todas. Un ano despois, RADIORUIZO segue activo e esperemos que por moito tempo. 

Tocan os AGRADECEMENTOS por estricta orde de aparición:

Aos nenos e nenas de 1º de EP, así como á SUPERPROFE Pili Viña polos seus RIPIOS, á INCRÍBLE escritora ferrolá Aurora Varela polas súas FERMOSAS VERBAS e á SEMPREIMPLICADA profe Sonia

Aos peques de 3 anos e á súa mestra MARTA.

Aos nenos e nenas de 2º de EP e á súa titora BETTINA.

Aos alumnos e alumnas de 3º de EP e á súa mestra LAURA.

Ao alumnado de 4º de EP e á súa titora MARÍA.

Aos nenos e nenas de 5º de EP e á profe EVA e ao seu titor FRAN.

Ao alumnado de 4º da ESO, á súa titora ANA e á dire MARÍA JOSÉ.

Á profe TERE, que está a piques de rematar o seu agasallo polo noso aniversario: unha fermosa porta.

Aos profes que cederon gustos@s parte do tempo das súas materias ou que facilitaron o desenvolvemento desta actividade, deixando paso ao aprender dun xeito diferente.

A aquel@s alumn@s e profes aos que lles gustaría ter participado neste día pero que por falta de tempo farano noutra data sinalada.

A LUÍS e a RAQUEL por soportar con paciencia as molestias ocasionadas en tantos momentos pola xente de RADIOURIZO.

Aos OURIZOSEGUIDORES, pois este traballo vai para vós con todo o noso cariño e sen vós non tería tanto sentido.

Esperamos non olvidar a ninguén, pero se é así, pedimos desculpas. Xa vedes que a lista de agradecementos é tan longa que é complicado non errar.

GRAZAS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

Sen máis, deixámosvos o programa minutado para que poidades ir directos á sección que máis vos guste sempre que así o desexedes:

1º EP - 00:37 / EI 3 ANOS - 05:45 / 2º EP - 08:40 / 3º EP - 12:13 / 
4º EP - 16:00 / 5º EP - 22:18 / 4º ESO - 32:20 


#IMPOSIBLESENANAESONIA 💓
#PILIMOLA 👍
#GRANDEAURORA 👌
#PROFESCONVOCACIÓN 👏
#DIRESEMPREIMPLICADA 10
#XENTECONARTE 👆
#RADIOURIZOPORMOITOTEMPO 😉
#SEMPREOURIZOSEGUIDORES 💚


viernes, 14 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO: AURORA VARELA.

Pois sí, OURIZOSEGUIDORES:

Un gran día para unha entregada comunidade educativa. 

Hoxe tivemos unha intensa xornada de xentiña indo e vindo de RADIOURIZO. Con algún nervio menos que fai un ano, pero coa mesma emoción. Estamos rematando de cociñar o programa pero, non desesperedes que en breve volo faremos chegar.

Xa vamos adiantando o noso 
agradecemento a todos e todas 
os que fixéchedes posible este día
especialmente a AURORA VARELA, a nosa invitada estelar que xa nos acompañou na estrea alá polo 2019. 


#INCRÍBLEAURORA 😚
#SEMPREAGRADECIDOS 💚
#BOAXENTE 👌👌👌

NON DESESPEREDES... PROGRAMA AO CAER!!!




miércoles, 12 de febrero de 2020

I ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Estimados OURIZOSEGUIDORES:

 O próximo xoves, día 13 de febreiro, cumprirase un ano da estrea de RADIOURIZO nas ondas. Teremos un programa especial, así que estade atentos ao que o alumnado da Jorge está a preparar. 

Pero non podiamos festexar esta data sen lembrar aos nosos padriños de PONTE NAS ONDAS. Mañá fará un ano da retransmisión conxunta en directo de SALCEDA DE CASELAS e a JORGE JUAN DE XUVIA. Unha experiencia inolvidable. Grazas, compañeiros!


#SEMPRENONOSOCORAZÓN 💕
#UNIDOSPOLASONDAS ⇆
#ARADIOMOLA 💣


domingo, 9 de febrero de 2020

A JORGE NO CAMIÑO.

Moi boas, OURIZOSEGUIDORES!

Nesta ocasión deixámosvos unha entrevista realizada por alumnos da ESO na que o profe Iván nos pon ao día de como o alumnado de Secundaria está a desfrutar percorrendo o Camiño de Santiago Inglés por etapas

 

#EXPERIENCIASINCRÍBLES 😊
#RADIOURIZONOCAMIÑO 💪




sábado, 11 de enero de 2020

ENRIQUE RAMIL EN RADIOURIZO.


Hola a tod@s! Moi Feliz Aninovo!

O pasado 17 de decembro, tivemos a inmensa sorte de que o cantante aresán, Enrique Ramil, nos visitase. Unha gran ocasión na que, como non, pasou por RADIOURIZO onde foi entrevistado por alumn@s da ESO. 

Ahí vos queda esta estupenda entrevista! Agardamos que vos guste.


#GRANDE,RAMIL!
#XENTECONARTE