sábado, 15 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO EN RADIOURIZO.

Aquí vos vai o programa do DÍA MUNDIAL DA RADIO 2020.

Un gran traballo por parte de todos e todas. Un ano despois, RADIORUIZO segue activo e esperemos que por moito tempo. 

Tocan os AGRADECEMENTOS por estricta orde de aparición:

Aos nenos e nenas de 1º de EP, así como á SUPERPROFE Pili Viña polos seus RIPIOS, á INCRÍBLE escritora ferrolá Aurora Varela polas súas FERMOSAS VERBAS e á SEMPREIMPLICADA profe Sonia

Aos peques de 3 anos e á súa mestra MARTA.

Aos nenos e nenas de 2º de EP e á súa titora BETTINA.

Aos alumnos e alumnas de 3º de EP e á súa mestra LAURA.

Ao alumnado de 4º de EP e á súa titora MARÍA.

Aos nenos e nenas de 5º de EP e á profe EVA e ao seu titor FRAN.

Ao alumnado de 4º da ESO, á súa titora ANA e á dire MARÍA JOSÉ.

Á profe TERE, que está a piques de rematar o seu agasallo polo noso aniversario: unha fermosa porta.

Aos profes que cederon gustos@s parte do tempo das súas materias ou que facilitaron o desenvolvemento desta actividade, deixando paso ao aprender dun xeito diferente.

A aquel@s alumn@s e profes aos que lles gustaría ter participado neste día pero que por falta de tempo farano noutra data sinalada.

A LUÍS e a RAQUEL por soportar con paciencia as molestias ocasionadas en tantos momentos pola xente de RADIOURIZO.

Aos OURIZOSEGUIDORES, pois este traballo vai para vós con todo o noso cariño e sen vós non tería tanto sentido.

Esperamos non olvidar a ninguén, pero se é así, pedimos desculpas. Xa vedes que a lista de agradecementos é tan longa que é complicado non errar.

GRAZAS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

Sen máis, deixámosvos o programa minutado para que poidades ir directos á sección que máis vos guste sempre que así o desexedes:

1º EP - 00:37 / EI 3 ANOS - 05:45 / 2º EP - 08:40 / 3º EP - 12:13 / 
4º EP - 16:00 / 5º EP - 22:18 / 4º ESO - 32:20 


#IMPOSIBLESENANAESONIA 💓
#PILIMOLA 👍
#GRANDEAURORA 👌
#PROFESCONVOCACIÓN 👏
#DIRESEMPREIMPLICADA 10
#XENTECONARTE 👆
#RADIOURIZOPORMOITOTEMPO 😉
#SEMPREOURIZOSEGUIDORES 💚


No hay comentarios:

Publicar un comentario