miércoles, 13 de noviembre de 2019

1º E 2º DE EP EN RADIOURIZO.


O pasado 24 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de EP visitaron RADIOURIZO para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. Alí fixéronlle unha pequena pero fermosa homenaxe á biblio do cole BIBLIOURIZO. Escoitade, escoitade...


BO TRABALLO, RAPAZADA!


#DÍAINTERNACIONALDASBIBLIOTECAS 👀
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆



domingo, 10 de noviembre de 2019

BIBLIOTECA CREATIVA. COMUNICACIÓN E CIDADANÍA.

O pasado 25 de outubro, RADIOURIZO tivo o enorme pracer de participar na xornada de formación "BIBLIOTECA CREATIVA. COMUNICACIÓN E CIDADANÍA" que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Toda unha satisfacción poder ver o incríble traballo doutras radios amigas e formarnos para seguir mellorando.


RADIOURIZO NA ONDA!


jueves, 3 de octubre de 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR.

Bo día!

Comezamos a nova tempada 2019-2020 en RADIOURIZO cunha entrevista preparada polo alumnado de 2º da ESO a Sara Guerrero e Alba Álvarez, triatletas do "AD Náutico de Narón", con motivo da celebración do Día Europeo do Deporte Escolar. 
Ahí vos queda. Esperamos que desfrutedes dela.


GRAZAS SARA E ALBA!
GRAZAS RAPAZADA DE 2º DA ESO!




XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola a tod@s!

Volta ao traballo. RADIOURIZO 2019-2020 xa está preparado para o novo curso. Esperamos que os nosos programas sexan do voso agrado e que a tod@s nos sirvan para mellorar un pouquiño máis.


COMEZAMOS!


jueves, 27 de junio de 2019

domingo, 19 de mayo de 2019

OBRADOIRO CON LUIS PARDO.

O xoves, día 2 de maio, tivemos a sorte de contar con Luís Pardo, xornalista da Cadena Ser, que impartiu un obradoiro de radio. Rapaces e rapazas de Educación Primaria e Educación Secundaria tiveron a oportunidade de formarse dentro do proxecto "Radio na Biblio" de "Bibliotecas Escolares".



miércoles, 15 de mayo de 2019

3º E 4º DA ESO EN RADIOURIZO.

Chega o turno do alumnado de 3º e 4º da ESO. Déixannos aquí "Culturalmente" un espazo cultural variado e moi agradable de escoitar. Ben feito!


martes, 14 de mayo de 2019

2º DA ESO EN RADIOURIZO.

Neste programa o alumnado de 2º da ESO fálanos de "Mulleres pioneiras" e realízanlle unha interesante entrevista a Paula Mayobre (Atleta), un exemplo a seguir. 





1º DA ESO EN RADIOURIZO.

Tamén pola "Entrevista" dos nenos e nenas de 1º da ESO, Ángeles Rouco (Coordinadora de "Voz Natura") e Pablo López (Representante de "Erasmus+"). Ahí vos vai.


1º DA ESO EN RADIOURIZO.

A continuación, deixámosvos a "Entrevista" realizada tamén polo alumnado de 1º da ESO a Eva Teijeiro Martorell (Coordinadora do "Proxecto Deportivo de Centro" e "Cardioescolas").


1º DA ESO EN RADIOURIZO.

Chega o turno das "Entrevistas" realizadas polo alumnado de 1º da ESO. Nesta primeira entrega serán Marián Ferreiro (Alcaldesa de Narón), Catalina García (Concelleira) e Mª José Cazorla (Directora do CPR. Jorge Juan de Xuvia) as persoas entrevistadas.  


sábado, 11 de mayo de 2019

6º DE EP EN RADIOURIZO.

Os rapaces e rapazas de 6º de EP deleitáronnos cun "Faladoiro" e presentáronnos o "Bookcrossing" posto en marcha polo cole. Ahí vos queda para que poidades desfrutar as veces que queirades.


5º DE EP EN RADIOURIZO.

Ahí vos vai o traballo feito polo alumnado de 5º de EP en RADIOURIZO. Como poderedes comprobar, aquí hai voces que prometen.



domingo, 5 de mayo de 2019

4º DE EP EN RADIOURIZO.

Ahí vos van as "Novas Deportivas" dos nenos e nenas de 4º de EP. Xa vedes que deportistas na Jorge non faltan!


 

viernes, 3 de mayo de 2019

3º DE EP EN RADIOURIZO.

Co "Refraneiro" dos meses do ano, os alumnos e alumnas de 3º de EP deixáronnos abraiados. Cal é o voso mes favorito? Bo traballo!


miércoles, 1 de mayo de 2019

2º DE EP EN RADIOURIZO.

É a quenda dos nenos e nenas de 2º de EP. Co poema "Paz para Nós" de Aurora Varela e as "Adiviñas Musicadas" fixéronnos pasar un rato entrañable por unha banda e divertido pola outra en RADIOURIZO.



viernes, 26 de abril de 2019

1º DE EP EN RADIOURIZO.

Deixámosvos o conto musicado de 1º de EP: "O xigante egoísta". Estes nenos e nenas son uns verdadeiros artistas. Bo traballo!



lunes, 22 de abril de 2019

EDUCACIÓN INFANTIL EN RADIOURIZO.

Ahí vos queda o bo traballo feito polo alumnado de Educación Infantil para RADIOURIZO. Así poderedes desfrutar da naturalidade destes pequenos as veces que queirades.



miércoles, 13 de febrero de 2019

RIGUROSO DIRECTO...E CON SUPERÉXITO!

Hoxe toca repartir Matrículas de Honor...

- A todo o ALUMNADO da Jorge de Xuvia.
- A todas as PERSOAS INVITADAS a RADIOURIZO.
- A todo o CLAUSTRO e PERSOAL NON  DOCENTE do cole.
- E como non, a Xerardo e a Pedro (PONTE...NAS ONDAS) que tanta paciencia tiveron con este grupo de intrépidos principiantes.

Grazas a tod@s por un día cheo de MAXIA.


IMPRESIONANTE!

ÉXITO  DE RADIOURIZO NO DÍA MUNDIAL DA RADIO!!

XA ESTAMOS PARA OUTRA!!! 

Aquí podedes ver o que estivemos a facer o 13/02/2019...


martes, 12 de febrero de 2019

ON AIR.

E xa está todo preparado para o gran día. Os compañeiros de PONTE...NAS ONDAS remataron os últimos detalles.


ESTREA DE RADIOURIZO!
PROGRAMA EN DIRECTO!

NERRRRRVIOS!!!

domingo, 10 de febrero de 2019

CONTA ATRÁS...

O vindeiro mércores, día 13 de febreiro, e para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO, emitiremos en directo da man dos compañeiros e formadores de "PONTE...NAS ONDAS".

Podédesnos seguir en www.escolasnasondas.com

Compartiremos o directo co IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas dende as 10:00 ata as 14:00h.


A ESTREA DE RADIOURIZO NON PODÍA SER MÁIS AO GRANDE!


lunes, 4 de febrero de 2019

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS EN RADIOURIZO.

Os alumnos e alumnas de 4º de EI pasaron hoxe por RADIOURIZO para dar boa conta da calidade do equipo e tiveron a oportunidade de experimentar un pouquiño co son.


PROBANDO, PROBANDO...



5º DE PRIMARIA ELABORA O LEMA.

O alumnado de 5º de EP foi o encargado de pensar un lema para RADIOURIZO. Como podedes ver, directo e claro. Non hai máis que engadir.


GRAZAS A TOD@S! UN SLOGAN CON GANCHO!
 

sábado, 2 de febrero de 2019

DEBIDAMENTE IDENTIFICADOS.

O proceso continúa... E, como non, os alumnos e alumnas que compoñen o Grupo Motor de RADIOURIZO deben estar debidamente identificados. 


PREPARANDO ACREDITACIÓNS!

jueves, 31 de enero de 2019

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS EN RADIOURIZO!

Sí, sí...xa estamos en marcha! Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EI encargáronse de facer os honores en RADIOURIZO. Fixeron a primeira gravación. E sabedes con que se estrearon? Cos efectos de son que empregaremos nos nosos futuros programas. E fixérono estupendamente.


SODES UNS FENÓMENOS! NORABOA!!


UN PEQUENO AVANCE... 
 

miércoles, 30 de enero de 2019

CONECTADOS CON CANOSA ONDA!

Hoxe, mércores, día 30 de xaneiro, tivemos o enorme pracer de visitar o CEIP CANOSA-RUS (Coristanco) para coñecer de cerca o seu traballo coa RADIO NA BIBLIO: CANOSA ONDA. Foi impresionante ver de cerca como os alumnos e alumnas de Primaria se desenvolvían na gravación dun programa de radio. Deixáronnos coa boca aberta: investigación, organización, autonomía, seguridade ante os micros... E todo con moitísimo entusiasmo! Eran dignas de ver as caras de orgullo dos mestres e mestras que en todo momento deixaban o protagonismo aos seus alumnos e alumnas. 

Grazas, CANOSA-RUS! E grazas, Chelo por darnos esta oportunidade de aprender ON AIR.


LEOTECA <--> BIBLIOURIZO
CANOSA ONDA <--> RADIOURIZO

UN TRABALLO DE 10!


miércoles, 23 de enero de 2019

ACONDICIONANDO ESPAZOS.


Non descansamos nin un minuto! Xa vedes que tampouco descoidamos o espazo destinado a RADIOURIZO. Sen présa pero sen pausa imos poñendo todo a punto para a nosa radio escolar. 


CANDO SE ABRIRÁ ESA PORTA? XA FALTA MENOS...

domingo, 20 de enero de 2019

OURI NA RADIO!

ATENCIÓN , ATENCIÓN!

Victoria Valentina de Freitas Moreira, alumna de 4º de EP, foi a encargada de deseñar o logo de RADIOURIZO. Non esqueceu nin un só detalle!

IMPRESIONANTE, VICTORIA! MOITAS GRAZAS!


sábado, 19 de enero de 2019

PASIÑO A PASIÑO...

MOI BOAS A TOD@S!

Pouco a pouco imos encamiñando este emocionante proxecto. Seguiremos ensinándovos todos os nosos progresos.

RADIOURIZO MOLA!



 

jueves, 10 de enero de 2019

UN OBRADOIRO DE 10!

BOA TARDE A TOD@S! 

Non se pode comezar unha nova actividade mellor! RADIOURIZO xa se sente... Grazas, Xerardo e Damián!! de Ponte...nas Ondas! Agardámosvos pronto...


QUEDA MENOS...