jueves, 9 de febrero de 2023

DMR 2023: IV ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO

Unha data moi especial merece un programa especial.

O próximo 13 de febreiro, RADIOURIZO cumple 4 anos da súa estrea nas ondas. Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo naquel novo proxecto. 

Unha vez máis, unímonos á proposta dos compañeiros de Ponte... nas Ondas! de celebración conxunta do Día Mundial da Radio 2023. Con eles levamos compartindo esta data ano tras ano dende os noso inicios. Grazas, compañeiros! 

Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño.

No especial IV aniversario, poderedes desfrutar das seguintes seccións:

    - 1º de EP: Homenaxe a PONTE...NAS ONDAS! (Ripios da profe Pili).
    - AURORA VARELA: Parabéns a RadiOurizo.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 3º de EP: As pitas baixo a choiva.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 4º de EI: O polo Pepe.
    - 4º de EP: Publicidade.
    - 6º de EI: Universo.
 
Aí vos deixamos o programa DMR 2023, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo. 

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS 
E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS. 
 
NORABOA AO PROFESORADO E AO ALUMNADO
POLO SEU INESTIMABLE TRABALLO! 
 

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

RADIOURIZO, A NOSA RADIO! 😊


1 comentario: