martes, 4 de diciembre de 2018

EN MARCHA!


BENVIDOS A TOD@S!

Aquí comeza a nosa andadura no mundo da RADIO. 
Arrincamos coa RADIO NA BIBLIO tratando de promover as aprendizaxes vencelladas á expresión oral, á lectura, á redacción e á creatividade. Ao mesmo tempo, pretendemos a participación activa do alumnado dende o exercicio da convivencia e o respecto que supón traballar en equipo. Ademais, o traballo coa radio permitá o acceso ao pluralismo que brinda o traballo con diferentes  mensaxes.

Falar da radio na aula supón falar de competencia lingüística, dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e do espírito emprendedor, dende unha aprendizaxe integrada.
 
Pouco a pouco iremos amosándovos os nosos avances no mundo radiofónico.

Esperando que esta nova proposta sexa do agrado de tod@s... 

                                    AQUÍ COMEZA RADIOURIZO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario