domingo, 25 de septiembre de 2022

XA ESTAMOS DE VOLTA!: FÓRMULA 1

Ola de novo, OURIZOSEGUIDORES!

Estamos de volta! Os valentes para comezar este curso en RADIOURIZO foron Isma e Lydia, alumnos de 6º de EP. Un dinámico podcast que non vos vai deixar indiferentes.  

EMOCIÓN A FLOR DE PEL! 💓

NOVA TEMPADA EN RADIOURIZO! 😊

martes, 17 de mayo de 2022

17 M - LETRAS GALEGAS 2022.

Candela, de 2º de EP, emociónanos coa súa interpretación de "Adiós, ríos; adiós, fontes" poema de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro.

Feliz día da Letras Galegas!

- TEMPO DE CELEBRAR - 

Moi fermoso, Candela!

lunes, 9 de mayo de 2022

II CONCURSO NACIONAL DE PODCAST ESCOLAR - RNE: SWEET NEWS.

Pois sí, OURIZOSEGUIDORES. Aquí están de novo os pequenos de 2º de EP con moitas ganas de participar de novo no II Concurso Nacional de Podcast Escolar promovido por Radio Nacional de España.

Nesta ocasión preséntannos "SWEET NEWS", un programa no que esta rapazada lle da a volta á moitas veces triste realidade, cambiándoa por novas que todos nós quixeramos escoitar. 

Un podcast feito con CORAZÓN 💖 e ESPERANZA DUN MUNDO MELLOR 💚

 

  SWEET NEWS - 2º de EP - CPR JORGE JUAN (NARÓN)

 

 🍀 MOITA SORTE!BEN A TEDES MERECIDA!🍀

 

domingo, 13 de marzo de 2022

8M - YO VOY CONMIGO.

Audioconto "Yo voy conmigo".
De Raquel Díaz Reguera.
 
¿Estamos dispuestos a cambiar lo mejor de nuestra forma de ser
para gustar a los demás?
¿Vale la pena?

- TEMPO DE CONCIENCIAR - 

Fermoso, rapazada de 2º de EP!

 

martes, 1 de marzo de 2022

PÍLULAS DE CIENCIA.

Sabiades que...?

Aí vos vai un pouco de ciencia sorprendente!

- TEMPO DE ESCULCAR - 

Xenial!
 
 

domingo, 13 de febrero de 2022

DMR 2022: III ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Hoxe é unha data moi especial: RADIOURIZO cumple 3 anos da súa estrea nas ondas (13/02/2019). Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo neste novo proxecto.

Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño. 

Esperamos poder seguir contando coa túa arte por moitos anos, Aurora. GRAZAS de todos os que formamos parte de RADIOURIZO.

Aí vos deixamos o programa deste III ANIVERSARIO, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo. 

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS.

 

- TEMPO DE FESTEXAR - 

LONGA VIDA A RADIOURIZO!
NORABOA AO PROFESORADO E AO ALUMNADO
POLO SEU INESTIMABLE TRABALLO!  IMPOSIBLE SEN VÓS!