martes, 26 de enero de 2021

CPR CRISTO REY (FERROL) EN RADIOURIZO.

Bo día a tod@s!

Onte recibimos unha visita. Unha visita desas que deixan un moi bo sabor de boca. Unha representación do equipo de biblioteca do colexio Cristo Rey (Ferrol) achegouse á Jorge para ver de cerca o traballo que realizamos tanto en BibliOurizo coma en RadiOurizo. 

Da gusto coincidir con xente chea de 

ilusión por emprender novos proxectos. 

Un placer tervos recibido e oxalá a visita vos servise polo menos para dar un pouco de impulso á vosa iniciativa! Xa sabedes que aquí tedes unha radio amiga! 

Grazas a Carolina (CFR Ferrol) por facer posible esta pequena xuntanza!

 

CPR CRISTO REY (FERROL) 📻 💕 📻 CPR JORGE JUAN (XUVIA)

 


 

lunes, 18 de enero de 2021

TEDES QUE VELA! - 4

Atención OURIZOSEGUIDORES!

Última entrega do TEDES QUE VELA!

A rapazada de 1º de EP finaliza esta aventura e xa está a argallar unha nova...

Desfrutade con este último programa e preparádevos para o que está por vir!!!

  TEDES QUE VELA!: PETER PAN.

lunes, 11 de enero de 2021

TEDES QUE VELA! - 3

Ola OURIZOSEGUIDORES!

Ahí vos vai a terceira entrega do programa TEDES QUE VELA!

Noraboa á rapazada de 1º de EP que está a facer un gran traballo!!

  

TEDES QUE VELA!: O LIBRO DA SELVA.

lunes, 14 de diciembre de 2020

TEDES QUE VELA! - 2

Ola de novo!

Aquí vos deixamos o segundo programa da rapazada de 1º de EP: TEDES QUE VELA!

Nesta ocasión a recomendación é: PINOCHO.

OURIZOSEGUIDORES, estes pequenos deséxanvos un novo intre DE PELÍCULA en familia!

TEDES QUE VELA!: PINOCHO.

martes, 1 de diciembre de 2020

TEDES QUE VELA! - 1

Ola a tod@s!

Hoxe achegámosvos a RADIOURIZO un novo programa dos pequenos e pequenas de 1º de EP: TEDES QUE VELA! Un programa semanal no que esta rapazada recomendaranos unha película das de sempre e para sempre. Pelis para desfrutar en familia unha e outra vez. 

Nesta ocasión a recomendación é: O REI LEÓN.

OURIZOSEGUIDORES, esperamos que vos animedes a pasar un intre DE PELÍCULA en familia!

TEDES QUE VELA!: O REI LEÓN.


sábado, 28 de noviembre de 2020

PASIÑO A PASIÑO: A JORGE NO CAMIÑO INGLÉS.

Xa estamos de volta, OURIZOSEGUIDORES!

Custou un pouquiño pero aquí nos tedes. A situación que estamos a pasar complicou algo as cousas pero RADIOURIZO pode con todo e xa está en camiño. 

Nunca mellor dito! Porque o noso primeiro programa, levado a cabo por profes, neste curso 2020-2021 é o punto de partida para dar a coñecer o proxecto no que imos a traballar: O CAMIÑO DE SANTIAGO. 

Concretamente centrarémonos no CAMIÑO INGLÉS. Estará presente no desenvolvemento das actividades das nosas iniciativas: VOZ NATURA, BIBLIOURIZO, RADIOURIZO, PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO, CARDIOESCOLAS E UN PATIO DE SORRISOS.

Esperamos que sexa do voso agrado. Acompañádesnos nesta viaxe a Compostela?

 

PASIÑO A PASIÑO: A JORGE NO CAMIÑO INGLÉS.

 


 

sábado, 27 de junio de 2020

ISTO É TODO, AMIG@S!

Querid@s OURIZOSEGUIDORES:

Ata aquí o que deu de si o curso 2019/2020. Un curso atípico que queremos rematar cunha canción adicada a tod@s @s que levades un cachiño da Jorge de Xuvia no voso corazón. Unha despedida diferente para un final de curso diferente. De nós para vós. Grazas, RADIOURIZO por facilitarnos os medios necesarios para a gravación desta emotiva canción na voz de Patricia Rodríguez Rico (a impresionante soprano profe de música da ESO) que servíu de inspiración para elaborar o vídeo de DESPEDIDA de todo o persoal da Jorge. 

 Desfrutade do verán, ourizoseguidores!


#PATRICIAÉAVOZ 🙌
#ESTAMOSPORVÓS 💙 💛
#UNCLAUSTROCONGANCHO 💣
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆

#RADIOURIZOFOREVER 💝