Candela, de 2º de EP, emociónanos coa súa interpretación de "Adiós, ríos; adiós, fontes" poema de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro.
Feliz día da Letras Galegas!
- TEMPO DE CELEBRAR -
Candela, de 2º de EP, emociónanos coa súa interpretación de "Adiós, ríos; adiós, fontes" poema de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro.
Feliz día da Letras Galegas!
- TEMPO DE CELEBRAR -
Pois sí, OURIZOSEGUIDORES. Aquí están de novo os pequenos de 2º de EP con moitas ganas de participar de novo no II Concurso Nacional de Podcast Escolar promovido por Radio Nacional de España.
Nesta ocasión preséntannos "SWEET NEWS", un programa no que esta rapazada lle da a volta á moitas veces triste realidade, cambiándoa por novas que todos nós quixeramos escoitar.
Un podcast feito con CORAZÓN 💖 e ESPERANZA DUN MUNDO MELLOR 💚
SWEET NEWS - 2º de EP - CPR JORGE JUAN (NARÓN)
🍀 MOITA SORTE!BEN A TEDES MERECIDA!🍀
- TEMPO DE CONCIENCIAR -
Sabiades que...?
Aí vos vai un pouco de ciencia sorprendente!
- TEMPO DE ESCULCAR -
Hoxe é unha data moi especial: RADIOURIZO cumple 3 anos da súa estrea nas ondas (13/02/2019). Unha data vivida con nervios e emoción a partes iguais por todos aqueles que participamos con orgullo neste novo proxecto.
Como naquela ocasión e como en cada aniversario, contamos coa colaboración especial da nosa escritora máis querida AURORA VARELA, que sempre nos acompaña, nos adica fermosas palabras e nos fai chegar todo o seu cariño.
Esperamos poder seguir contando coa túa arte por moitos anos, Aurora. GRAZAS de todos os que formamos parte de RADIOURIZO.
Aí vos deixamos o programa deste III ANIVERSARIO, OURIZOSEGUIDORES. Esperamos que o desfrutedes tanto coma o fixemos nós elaborándoo.
GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS TODOS ESTES ANOS E ESPERAMOS QUE GUSTEDES DE FACELO POR MOITO TEMPO MÁIS.
- TEMPO DE FESTEXAR -
Unímonos á proposta dos compañeiros de Ponte... nas Ondas! de celebración conxunta do Día Mundial da Radio 2022. Con eles levamos compartindo esta data ano tras ano dende os noso inicios. Grazas, compañeiros!
Os pequenos e pequenas de 1º de EP conmemoran o DMR 2022 cunha ladaíña que de seguro coñeceredes, OURIZOSEGUIDORES.
- TEMPO DE COMPARTIR -