Crónica futbolística e música. Gran combinación!
- TEMPO DE DESFRUTAR -
Artistas!
Unha crónica deportiva para poñernos ao día no fútbol e na F1.
- TEMPO DE DEPORTES -
Uns comentaristas moi entregados!
Uns agarimosos ripios para conmemorar o "Día das Bibliotecas".
- TEMPO DE RIMAS -
Parabéns, BIBLIOURIZO!
Pois ata aquí chegamos, OURIZOSEGUIDORES!
Dámosvos as GRAZAS dende RADIOURIZO por ter estado aí todo este curso tan complicado e agardámosvos de novo o próximo con máis e mellores PODCAST cos que aprender e desfrutar.
Bo día, OURIZOSEGUIDORES!
Por fin chegou o momento de escoitar os PODCAST sobre a figura de XELA ARIAS que elaborou o alumnado de 5º de EP e de 4º da ESO, cos que participaron nos III Premios Internacionais de Podcast "Xosé Morquera Pérez" <O vello dos contos>.
Chegou o día, OURIZOSEGUIDORES!
Aí vos queda tooodooo o traballo realizado polo alumnado de 6º de EP, que non é pouco! Un proxecto ambicioso cun produto social final, códigos QR instalados no parque biosaudable de Xuvia, e un animado podcast onde explican o desenvolvemento do proceso. Coma sempre, RADIOURIZO dá visibilidade a unha de tantas experiencias levadas a cabo nas aulas.
Ademáis, contaron coa valiosa colaboración de alumnado da ESO que lles botou un cable con iso do multilingüismo. Grazas, compañeir@s!
Mañá, 8 de xuño, en RadioVoz (105.4 FM) ou en radiovoz.es (Ferrol) desfrutaremos dunha pequena entrevista a xentiña de 6º de EP para dar a coñecer nos medios o proxecto desta rapazada e o bo traballo que se fai na nosa radio escolar. Poderedes escoitalos entre as 11:00 e 11:15 en riguroso directo!!