martes, 26 de octubre de 2021

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Uns agarimosos ripios para conmemorar o "Día das Bibliotecas".

- TEMPO DE RIMAS -

Parabéns, BIBLIOURIZO!  

DE VOLTA!

Comezamos a nosa andaina este curso 2021-2022.

- TEMPO DE RADIO -

Benvidos, OURIZOSEGUIDORES!

sábado, 26 de junio de 2021

FELIZ VERÁN!

Pois ata aquí chegamos, OURIZOSEGUIDORES!

Dámosvos as GRAZAS dende RADIOURIZO por ter estado aí todo este curso tan complicado e agardámosvos de novo o próximo con máis e mellores PODCAST cos que aprender e desfrutar.

BO VERÁN! 🍧🍦🍹🏄
ATA PRONTO! 💜💛💚💙💗
 

domingo, 20 de junio de 2021

O VELLO DOS CONTOS: 5º EP & 4º ESO.

Bo día, OURIZOSEGUIDORES!

Por fin chegou o momento de escoitar os PODCAST sobre a figura de XELA ARIAS que elaborou o alumnado de 5º de EP e de 4º da ESO, cos que participaron nos III Premios Internacionais de Podcast "Xosé Morquera Pérez" <O vello dos contos>.

TRABALLO BEN FEITO, SEN DÚBIDA 👌
5º EP & 4º ESO, ÉXITO TOTAL 👏👏👏
 💚 RADIOURIZO & XELA ARIAS 💙
 


lunes, 7 de junio de 2021

PARQUE BIOSAUDABLE - CÓDIGOS QR: UN GRAN PROXECTO!

Chegou o día, OURIZOSEGUIDORES!

Aí vos queda tooodooo o traballo realizado polo alumnado de 6º de EP, que non é pouco! Un proxecto ambicioso cun produto social final, códigos QR instalados no parque biosaudable de Xuvia, e un animado podcast onde explican o desenvolvemento do proceso. Coma sempre, RADIOURIZO dá visibilidade a unha de tantas experiencias levadas a cabo nas aulas.  

Ademáis, contaron coa valiosa colaboración de alumnado da ESO que lles botou un cable con iso do multilingüismo. Grazas, compañeir@s!

Mañá, 8 de xuño, en RadioVoz (105.4 FM) ou en radiovoz.es (Ferrol) desfrutaremos dunha pequena entrevista a xentiña de 6º de EP para dar a coñecer nos medios o proxecto desta rapazada e o bo traballo que se fai na nosa radio escolar. Poderedes escoitalos entre as 11:00 e 11:15 en riguroso directo!!

 💗 6º DE EP: BO TRABALLO!! ✅
👌 ESO MULTILINGÜE 👏
 🌈 XENTE CON PROPÓSITO 🔝 
 

domingo, 6 de junio de 2021

CAMIÑO INGLÉS - ETAPA 2 - 6 EP.

Continuamos no CAMIÑO!

Nesta ocasión, da man da rapazada de 6º de EP. Achegáronse a RADIOURIZO para poñernos ao día en cousiñas da 2º etapa do Camiño Inglés.

Esperamos que vos guste!

6º EP: ENCAMIÑADOS A UN GRAN FUTURO 👣👣💪
BEN FEITO, RAPAZADA! 👍💖
 
 

miércoles, 2 de junio de 2021

PIENSA QUE YA FALTA MENOS...3º POSTO!!!

Parabéns aos pequenos e pequenas de 1º de EP que co seu Podcast "PIENSA QUE YA FALTA MENOS" quedaron TERCEIROS na súa categoría no I CONCURSO DE PODCAST ESCOLAR organizado por RNE.

TODO ESFORZO RECIBE A SÚA RECOMPENSA! 👌
1º DE EP, MOLA! 💜💛💚💙💗
RADIOURIZO A TOPE!! 📻🔝