Continuamos no CAMIÑO!
Nesta ocasión, da man da rapazada de 6º de EP. Achegáronse a RADIOURIZO para poñernos ao día en cousiñas da 2º etapa do Camiño Inglés.
Esperamos que vos guste!
Continuamos no CAMIÑO!
Nesta ocasión, da man da rapazada de 6º de EP. Achegáronse a RADIOURIZO para poñernos ao día en cousiñas da 2º etapa do Camiño Inglés.
Esperamos que vos guste!
Parabéns aos pequenos e pequenas de 1º de EP que co seu Podcast "PIENSA QUE YA FALTA MENOS" quedaron TERCEIROS na súa categoría no I CONCURSO DE PODCAST ESCOLAR organizado por RNE.
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
O alumnado de 6º de EP elaborou un Podcast no que nos conta todo o proceso que levaron a cabo para sacar adiante o proxecto de elaboración e instalación de códigos QR no Parque Biosaudable de Xuvia.
Con eles colaborou alumnado da ESO, que deu boa conta do seu dominio do plurilingüismo.
Contámosvos que teredes que esperar un tempiño para escoitalo, pois agarda unha sorpresa...
O podcast "PIENSA QUE YA FALTA MENOS" preparado polos pequenos e pequenas de 1º de EP en RADIOURIZO, foi seleccionado polo xurado para ser un dos 10 finalistas do I CONCURSO DE PODCAST ESCOLAR organizado por RNE na súa categoría.
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
Dende RADIOURIZO temos para vós un momento moi especial. Eli e Valle, alumnas de 4º de EP, pasaron pola radio para ofrecernos unha fermosa interpretación do tema "Con la miel en los labios" de AITANA.
Non deixedes de escoitalas! Dozura 100%!!
Bo día, OURIZOSEGUIDORES!
De verdade pensabades que non iamos facer nada de nada no Día das Letras Galegas? Pois fixemos, nin máis nin menos, que 2 podcast! Sí, sí, oíchedes ben: 2 podcast.
A rapazada de 5º de EP e a de 4º da ESO pasou por RADIOURIZO para elaborar, cada un dos grupos, un programa adicado a Xela Arias. E aínda é máis: ambos cursos participan cos seus incríbles podcast no...
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
Seguimos á espera da resolución do I Concurso Nacional de Podcast de Radio Nacional de España no que participan os máis pequenos de EP da Jorge que coñeceremos a partires do 1 de xuño.
Dende RADIOURIZO deixámosvos os enlaces para que vexades o traballo co que se presentan e todo o proceso para a elaboración deste.