O podcast "PIENSA QUE YA FALTA MENOS" preparado polos pequenos e pequenas de 1º de EP en RADIOURIZO, foi seleccionado polo xurado para ser un dos 10 finalistas do I CONCURSO DE PODCAST ESCOLAR organizado por RNE na súa categoría.
martes, 1 de junio de 2021
"PIENSA QUE YA FALTA MENOS" NA FINAL!
lunes, 24 de mayo de 2021
ELI E VALLE: CON LA MIEL EN LOS LABIOS.
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
Dende RADIOURIZO temos para vós un momento moi especial. Eli e Valle, alumnas de 4º de EP, pasaron pola radio para ofrecernos unha fermosa interpretación do tema "Con la miel en los labios" de AITANA.
Non deixedes de escoitalas! Dozura 100%!!
lunes, 17 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.
Bo día, OURIZOSEGUIDORES!
De verdade pensabades que non iamos facer nada de nada no Día das Letras Galegas? Pois fixemos, nin máis nin menos, que 2 podcast! Sí, sí, oíchedes ben: 2 podcast.
A rapazada de 5º de EP e a de 4º da ESO pasou por RADIOURIZO para elaborar, cada un dos grupos, un programa adicado a Xela Arias. E aínda é máis: ambos cursos participan cos seus incríbles podcast no...
sábado, 15 de mayo de 2021
I CONCURSO NACIONAL DE PODCAST ESCOLAR RNE - 1º EP.
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
Seguimos á espera da resolución do I Concurso Nacional de Podcast de Radio Nacional de España no que participan os máis pequenos de EP da Jorge que coñeceremos a partires do 1 de xuño.
Dende RADIOURIZO deixámosvos os enlaces para que vexades o traballo co que se presentan e todo o proceso para a elaboración deste.
miércoles, 5 de mayo de 2021
ENTREVISTA A MARIÁN FERREIRO, ALCALDESA DE NARÓN.
Hoxe tivemos o pracer de recibir á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no cole. Aproveitamos para convidala a visitar RADIOURIZO onde lle fixemos unha pequena entrevista. Paula (2º EP) foi a encargada de facerlle unhas interesantes preguntas.
Queredes saber que nos contou? Pois escoitade, escoitade...
lunes, 3 de mayo de 2021
CAMIÑO INGLÉS - ETAPA 1 - 3&4 EP.
Aquí estamos de novo, OURIZOSEGUIDORES!
Non deixedes de escoitar nin un chisco deste interesante podcast no que investigaron a fondo todo o que deberiamos ter en conta neste percorrido.
lunes, 19 de abril de 2021
PEQUENOS GRANDES MÚSICOS.
Ola, OURIZOSEGUIDORES!
Que na Jorge hai arte é ben sabido por tod@s. Hoxe deixámosvos unha proba diso. Os rapaces e rapazas músicos do noso cole pasaron por RADIOURIZO a que lles fixeramos unha pequena entrevista e a deleitarnos coa súa música.
Agradecer á nosa marabillosa entrevistadora, Noa (6º EP) o seu traballo e paciencia.
Esperamos desfrutedes tanto coma nós con estes PEQUENOS GRANDES MÚSICOS.



