sábado, 15 de mayo de 2021

I CONCURSO NACIONAL DE PODCAST ESCOLAR RNE - 1º EP.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Seguimos á espera da resolución do I Concurso Nacional de Podcast de Radio Nacional de España no que participan os máis pequenos de EP da Jorge que coñeceremos a partires do 1 de xuño.

Dende RADIOURIZO deixámosvos os enlaces para que vexades o traballo co que se presentan e todo o proceso para a elaboración deste.

SORTE, RAPAZADA! 🍀
PIENSA QUE YA FALTA MENOS 💚
 
 
 

miércoles, 5 de mayo de 2021

ENTREVISTA A MARIÁN FERREIRO, ALCALDESA DE NARÓN.

Hoxe tivemos o pracer de recibir á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no cole. Aproveitamos para convidala a visitar RADIOURIZO onde lle fixemos unha pequena entrevista. Paula (2º EP) foi a encargada de facerlle unhas interesantes preguntas.

Queredes saber que nos contou? Pois escoitade, escoitade...

GRAZAS, MARIÁN! 😊
PAULA, UNHA PEQUENA MOI GRANDE 👌

lunes, 3 de mayo de 2021

CAMIÑO INGLÉS - ETAPA 1 - 3&4 EP.

Aquí estamos de novo, OURIZOSEGUIDORES!

A rapazada de 3º e 4º de EP achegouse a RADIOURIZO para "poñernos ao día" na  1ª etapa do CAMIÑO INGLÉS.

Non deixedes de escoitar nin un chisco deste interesante podcast no que investigaron a fondo todo o que deberiamos ter en conta neste percorrido.

👣 O CAMIÑO DE SANTIAGO: CAMIÑO INGLÉS 👣
😊 ASÍ SE FAI! 3º & 4º DE EP ✅
 

 

lunes, 19 de abril de 2021

PEQUENOS GRANDES MÚSICOS.

Ola, OURIZOSEGUIDORES!

Que na Jorge hai arte é ben sabido por tod@s. Hoxe deixámosvos unha proba diso. Os rapaces e rapazas músicos do noso cole pasaron por RADIOURIZO a que lles fixeramos unha pequena entrevista e a deleitarnos coa súa música.

Agradecer á nosa marabillosa entrevistadora, Noa (6º EP) o seu traballo e paciencia.

Esperamos desfrutedes tanto coma nós con estes PEQUENOS GRANDES MÚSICOS.

💜 CANDELA (1º EP) 💜 - Podcast de Candela
💓 NICO (2º EP) 💓 - Podcast de Nico
💙 GABO (2º EP) 💙 - Podcast de Gabo
💚 MARTÍN (3º EP) 💚 - Podcast de Martín
💓 CARLO (3º EP) 💓 - Podcast de Carlo
💙 MIGUEL (5º EP) E ERNESTO (1º ESO) 💙  - Podcast de Miguel e Ernesto
💚 JULIÁN (6º EP) 💚 - Podcast de Julián
 
 
 

viernes, 2 de abril de 2021

AS DÚAS ROSALÍAS: 24/02 & 08/03

Moi boas, OURIZOSEGUIDORES!

Nesta ocasión achegámosvos un estudo feito nas aulas acerca do empoderamento da muller ao longo do tempo.

A nosa profe Lúa animou ao seu alumnado da ESO a facer unha comparativa entre a poetisa galega Rosalía de Castro e a cantante actual Rosalía. Séculos de diferenza entre ambas mulleres pero un mesmo obxectivo: reclamar o recoñecemento da valía da muller. Aquí vos queda o magnífico resultado.

💪 ROSALÍA DE CASTRO & ROSALÍA 💪
❀💙❀ 24/02 & 08/03 💅
AULAS ACTUALIZADAS 👍
 

 

martes, 16 de marzo de 2021

37 CONCURSO ESCOLAR ONCE - 3 EP & 6 EP.

Ola OURIZOSEGUIDORES!

Aí vos quedan os podcast cos que a rapazada de 3º de EP  e de 6º de EP participou no "37 Concurso Escolar ONCE". 

Nesta edición, o obxectivo era transmitir a mensaxe de que a tecnoloxía é a nosa aliada sempre que fagamos un uso responsable da mesma. Co lema "ConexiÓN / adicciOFF. Esto no es un juego" buscábase sensibilizar á sociedade do bo uso das novas tecnoloxías tan presentes agora nas nosas vidas.

 UN GRAN TRABALLO! NORABOA! 👌👌

💓 3º EP - TECNOCONSEJOS & 6 EP - NO LO PIERDAS 💓

 

sábado, 13 de febrero de 2021

DMR 2021: II ANIVERSARIO DE RADIOURIZO.

Ola de novo, RADIO OÍNTES!

Pois sí. Coma quen non quere a cousa, chegamos ao II Aniversario da estrea de RADIOURIZO nas ondas.

O tempo pasa, pero a ilusión segue sendo a mesma do primeiro día. 

Este programa especial, estivo, ao igual que o do 13 de febreiro do 2019, cargado de emoción e nervios a partes iguais. Porque cada podcast preparado leva estes indispensables ingredientes xunto cunha boa chea de traballo por parte do profesorado e do alumnado. 

Neste especial poderedes escoitar:

  • UN AGASALLO MOI ESPECIAL: A sentida felicitación de AURORA VARELA, a nosa querida escritora ferrolá que ano tras ano nos acompaña.
  • UN CONTO PEQUENIÑO: A profe PILI deixa aparcados por un intre os seus ripios para deleitarnos cun pequeno conto moi xeitoso no que colaboran pequenos de 1º de EP.
  • CÁMBIACHE O CONTO: Dende SECUNDARIA fannos unha recomendación literaria moi interesante e anímannos a seguir participando das lecturas que nos ofrece BIBLIOURIZO.
  • LENDAS NO CAMIÑO: Meténdonos de cheo no proxecto do centro "A Jorge no Camiño Inglés", a rapazada de 4º de EP cóntanos unhas curiosas lendas do Camiño de Santiago.
  • NO ES GIMNASIA: Da man do alumnado de 6º de EP, uns consellos acerca de hábitos de vida saudable.

Dar as grazas a tod@s pola súa inestimable colaboración e unha mención especial aos TÉCNICOS de 6º de EP dos que non se nota a súa presenza pero que fixeron unha marabillosa labor.

PARABÉNS NO TEU II ANIVERSARIO, RADIOURIZO! 🎂🎂