miércoles, 12 de febrero de 2020

I ANIVERSARIO DA ESTREA DE RADIOURIZO.

Estimados OURIZOSEGUIDORES:

 O próximo xoves, día 13 de febreiro, cumprirase un ano da estrea de RADIOURIZO nas ondas. Teremos un programa especial, así que estade atentos ao que o alumnado da Jorge está a preparar. 

Pero non podiamos festexar esta data sen lembrar aos nosos padriños de PONTE NAS ONDAS. Mañá fará un ano da retransmisión conxunta en directo de SALCEDA DE CASELAS e a JORGE JUAN DE XUVIA. Unha experiencia inolvidable. Grazas, compañeiros!


#SEMPRENONOSOCORAZÓN 💕
#UNIDOSPOLASONDAS ⇆
#ARADIOMOLA 💣


domingo, 9 de febrero de 2020

A JORGE NO CAMIÑO.

Moi boas, OURIZOSEGUIDORES!

Nesta ocasión deixámosvos unha entrevista realizada por alumnos da ESO na que o profe Iván nos pon ao día de como o alumnado de Secundaria está a desfrutar percorrendo o Camiño de Santiago Inglés por etapas. 

 

#EXPERIENCIASINCRÍBLES 😊
#RADIOURIZONOCAMIÑO 💪




sábado, 11 de enero de 2020

ENRIQUE RAMIL EN RADIOURIZO.


Hola a tod@s! Moi Feliz Aninovo!

O pasado 17 de decembro, tivemos a inmensa sorte de que o cantante aresán, Enrique Ramil, nos visitase. Unha gran ocasión na que, como non, pasou por RADIOURIZO onde foi entrevistado por alumn@s da ESO. 

Ahí vos queda esta estupenda entrevista! Agardamos que vos guste.


#GRANDE,RAMIL!
#XENTECONARTE




miércoles, 13 de noviembre de 2019

1º E 2º DE EP EN RADIOURIZO.


O pasado 24 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de EP visitaron RADIOURIZO para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. Alí fixéronlle unha pequena pero fermosa homenaxe á biblio do cole BIBLIOURIZO. Escoitade, escoitade...


BO TRABALLO, RAPAZADA!


#DÍAINTERNACIONALDASBIBLIOTECAS 👀
#BIBLIOURIZO&RADIOURIZO 💕
#XENTECONARTE 👆



domingo, 10 de noviembre de 2019

BIBLIOTECA CREATIVA. COMUNICACIÓN E CIDADANÍA.

O pasado 25 de outubro, RADIOURIZO tivo o enorme pracer de participar na xornada de formación "BIBLIOTECA CREATIVA. COMUNICACIÓN E CIDADANÍA" que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Toda unha satisfacción poder ver o incríble traballo doutras radios amigas e formarnos para seguir mellorando.


RADIOURIZO NA ONDA!


jueves, 3 de octubre de 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR.

Bo día!

Comezamos a nova tempada 2019-2020 en RADIOURIZO cunha entrevista preparada polo alumnado de 2º da ESO a Sara Guerrero e Alba Álvarez, triatletas do "AD Náutico de Narón", con motivo da celebración do Día Europeo do Deporte Escolar. 
Ahí vos queda. Esperamos que desfrutedes dela.


GRAZAS SARA E ALBA!
GRAZAS RAPAZADA DE 2º DA ESO!




XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola a tod@s!

Volta ao traballo. RADIOURIZO 2019-2020 xa está preparado para o novo curso. Esperamos que os nosos programas sexan do voso agrado e que a tod@s nos sirvan para mellorar un pouquiño máis.


COMEZAMOS!